Clases de tango arxentino en Sabarís

Todos os luns, de 21:15 a 22:15 horas, no estudo Husling Dance, CC. de Sabarís, impartiranse clases de tango arxentino. Non é necesario parella e a clase de proba é gratuíta, sendo a primeira vez que haberá esta modalidade na zona. No resto de Galicia xa hai unha afección consolidada desde hai case 20 anos. As clases serán impartidas por Laura Díez, arxentina afincada en Galicia, profesora e bailarina de tango arxentino e bailes de salón. Máis información no correo tangoengalicia@hotmail.com ou nos teléfonos 986 122 783/677 399 861.

Anuncios