Nigrán informa dun corte de auga por labores de mantemento este xoves en Priegue

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Operarios de Aqualia.

O Concello de Nigrán informa do corte de auga previsto para o xoves 16 de xaneiro de 8:00 a 15:00 horas na parroquia de Priegue, concretamente entre as rúas Pablo Iglesias e Rúa dos Pazos. Este realizarase debido á necesidade da concesionaria Aqualia de realizar labores de mantemento e limpeza do depósito municipal, polo que lamenta as posibles molestias.

Anuncios