Falece aos 48 anos Raúl Souto Valverde, ex presidente da Parranda de San Pedro

Raúl Souto Valverde, veciño da Lameira, na parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, faleceu aos 48 anos debido a unha enfermidade. Neto dun dos fundadores da Parranda de San Pedro de Vilariño, ocupou durante varios anos o cargo de presidente, dando paso á actual directiva, presidida por Evaristo Blach, con Manuel González como secretario e Carlos Riveiro ocupando o posto de relacións públicas. Os seus restos mortais serán velados na Sala 4 do Tanatorio do Miñor, en Sabarís, desde onde comezarán as exequias este martes, 14 de xaneiro, ás 16:00 horas. A directiva da Parranda de San Pedro quere mostrar o pésame á familia.

Anuncios