
Antón Mascato presenta este venres día 10:00 de xaneiro ás 20:00 horas o seu libro “Atila no Grove” na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avda. da Feira 10, Gondomar. Participarán Carlos Méixome, historiador, Juán González, alcalde de Nigrán, e Antón Mascato, autor do libro.
A obra, segundo o seu autor, é o resultado de 25 anos de traballos de investigación en arquivos militares, expedientes de cárcere e Ministerio de Justicia, fondos documentais de carácter histórico, hemerotecas, entrevistas persoais e arquivos municipais, ata construír un relato que lle dá a volta á historial oficial para poñer en valor a voz das vítimas da represión política exercida dende os poderes públicos nos anos anteriores e posteriores á Guerra de 1936.