Nigrán reparte entre 26 familias os alimentos recollidos nos torneos solidarios de Nadal

O Concello de Nigrán reparte alimentos a 26 familias despois do Nadal. As achegas dos torneos solidarios de fútbol, baloncesto ou surf permiten facer unha nova entrega de alimentos que se ve completada con Roscóns de Reis doados pola panadería «La Flor de Nigrán».