O nigranés Anxo Carril proclámase campión da Copa Galicia de Ciclocrós

Os mellores especialistas autonómicos brillaron este domingo no último test previo ao Campionato de España que a vindeira fin de semana se celebrará en Pontevedra. O nigranés Anxo Carril Rojas, do Club Ciclista Coruxo, proclamouse campión da Copa Galicia de Ciclocrós. A pesar de finalizar no quinto posto nesta última proba do certame autonómico, celebrada en Maceda, Ourense, conservou a primeira posición no ranking final da categoría júnior.

Anuncios