Sin categoría

A literatura e a maxia dos libros, protagonistas na Cabalgata de Reis de Gondomar

Gondomar recibiu este domingo ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron o centro urbano do municipio a bordo das súas carrozas, partindo desde a rotonda situada xunto ao Cuartel da Garda Civil, para baixar pola rúa Eduardo Iglesias, percorrer Elduayen e Diego Sarmiento de Acuña ata o Centro Neural.

Tras visitar o Belén Vivente no Parque da Coelleira, foron recibidos por centos de persoas na Praza da Paradela, onde tras sentarse nos seus tronos saudaron aos nenos e nenas que se achegaron ata alí, e recolleron as cartas de última hora que aínda non depositaran na caixa de correos real.

Preto de 500 persoas formaron a comitiva da Cabalgata, que abriu a Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, á que se sumaron as tres asociacións de danza do municipio -Danza Paradela, Asociación de Danza de Gondomar e LDanzia -, a Asociación Carnavales de Mañufe e o Centro Cultural de Chaín, escoltados todos eles pola Policía Local.

A literatura, a maxia dos libros e todas as historias que nas súas páxinas esconden, foi a temática elixida para o desfile, seguindo o lema “Escribe o teu Nadal” elixido este Nadal en Gondomar, facendo unha chiscadela especial este domingo ao conto de “El Cascanueces”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.