Chocolatada de Nadal en Belesar e concerto de La Franga en Baiona

Este venres 3 de xaneiro continúa a programación cultural Bai Nadal 2019-2020. Desde as 17:00 ata as 19:00 horas celebrarase unha Chocolatada de Nadal no Torreiro de Belesar. Ademais haberá obradoiros infantís e visita do Carteiro Real. De 19:00 a 20:30 horas, o grupo “La Franga” ofrecerá un concerto na Alameda Carabela Pinta.

Anuncios