Un baño para despedir o ano en Santa Marta

Unha trintena de valentes déronse este martes un mergullo na praia baionesa de Santa Marta para despedir o ano. Como recompensa, tras o “baño da sorte”, os participantes puideron gozar dun chocolate con churros ou unha caña ofrecida pola Cervexaría Estrella Baiona, organizadora do evento por sétimo ano consecutivo. A tradición deste peculiar mergullo foi iniciada en 2012 por un grupo de amigos coñecidos como “os leóns do Burgo”.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.