Raian 16 coches no centro de Baiona durante a madrugada

FOTO: JUAN CARLOS GIRÁLDEZ COSTAS

Polo menos 16 vehículos apareceron esta madrugada raiados en pleno centro de Baiona. Segundo informou un dos afectados, os feitos sucederon entre as 2:00 e as 3:00 horas deste luns na rúa Elduayen, e a Garda Civil acudiu ao lugar para realizar o correspondente atestado e iniciar a investigación pertinente para localizar aos responsables. Así mesmo, recomenda a todos os propietarios afectados a presentar denuncia, e pide á cidadanía en xeral e a todos os locais da zona que poidan ter cámaras de vixilancia, a súa colaboración para localizar aos autores dos danos. “Se alguén viu algo, por favor informar a Garda Civil para que isto non quede impune”, concluíu o afectado.

Anuncios