Ramallosa énchese de música e cor co I Certame de Rondallas de Nigrán

O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor organizaron este sábado o I Certame de Rondallas de Nigrán. A Alameda da Ramallosa encheuse de música e cor coas rondallas de Parada (Nigrán), Chaín (Gondomar) e Beade (Vigo). Unha a unha, as tres agrupacións participantes desfilaron polo paseo ata chegar á Capela de San Campio, onde tras o saúdo ás autoridades e a súa actuación, cada unha deu paso á seguinte co tradicional cruce de bandeiras. O alcalde, Juan González, entregou a cada rondalla unha placa conmemorativa do evento. A Alameda da Ramallosa foi o punto neural da xornada xa que, ademais, durante toda a fin de semana se celebra nela un mercado artesán con 30 postos, a carreira San Silvestre Solidaria con chocolatada gratuíta ás 19:00 horas, o concerto de Argonat Band e animación para os máis pequenos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios