Anuncios
Ticker de novas

The Hendersons recordan aos Beatles en Gondomar

Este venres 11 de agosto continúa a programación Cultura de Verán 2017 organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar coa actuación de The Hendersons, que ofrecerá un concerto ás 23:00 horas no Parque da Coelleira. Trátase dunha banda tributo a The Beatles que fai volver sentir a música do cuarteto de Liverpool con aires galegos. Está formada por Paco Araujo (batería e voz), Julio Llorca (baixo e voz), Jacobo Jiménez (guitarra e voz) e Alberto R. Lopo (guitarra e voz).

Anuncios