O Apalpador chega este domingo a Baiona e Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // O Apalpador en Gondomar.

O Apalpador visitará este domingo día 29 de decembro as localidades de Baiona e Nigrán para encher de ilusión e soños a todas ás súas crianzas. A xira desta figura tradicional galega e a súa versión feminina comezou o 20 deste mes e finalizará o día de Fin de ano levando a música, o baile e as anécdotas a 36 concellos da provincia. En Baiona estará ás 12:00 do mediodía, na Praza do Concello, mentres que en Gondomar será ás 17:00 horas na Praza Paradela.

Esta actividade organízase por quinto ano consecutivo ao abeiro do programa “Nadal en Galego” do servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra, desde onde destacan a importante transmisión de valores que realizan Apalpador e Apalpadora en relación á transmisión oral do rural, á dinamización do idioma, á posta en valor do monte e o respecto polo medio ambiente, ao coidado do ecosistema e das especies autóctonas evitando os incendios, así como ao traballo transversal en materia de compostaxe, reciclaxe e hábitos saudables.

As figuras do Apalpador e a Apalpadora irán acompañadas de música, refráns, anécdotas e bailes, así como dun burro, de madeira que farán que crianzas e maiores gocen dun momento alegre, entretido e proactivo propio do Nadal galego.