Interceptado un septuaxenario circulando en sentido contrario pola Autoestrada do Val Miñor

Un vehículo en sentido contrario foi interceptado esta tarde na AG-57 por unha Patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Gondomar. O turismo, un Opel Corsa, circulaba sentido Baiona polos carrís sentido Vigo. Segundo as persoas que alertaron ao 112, o vehículo circulaba a baixa velocidade. Foi localizado ás 19:00 horas no punto quilométrico 8, no termo municipal de Nigrán. O condutor era un home de 71 anos con domicilio en Vigo, que tras a realización das respectivas probas de alcol e drogas, resultou negativo na primeira e positivo provisional por anfetaminas na segunda. Non se produciron accidentes.