Sin categoría

Curso de Pilates no Centro Cultural Parada do Miñor

O Centro Cultural Parada do Miñor organiza un curso de pilates que se desenvolverá os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas. Está dirixido tanto ás persoas que queiran realizar esta actividade porque xa a coñecen como para os que queiran adquirir coñecementos e ter a súa primeira toma de contacto. O prezo para os socios é de 12 euros ao mes por unha clase á semana e de 14 euros polas dúas (17 euros/1 día e 20 euros/2 días para os non socios). Os interesados poden obter máis información ou inscribirse no teléfono e WhatsApp 628 986 597.

As clases son adaptadas a cada persoa segundo a condición física, e dentro do adestramento de pilates tamén combinan métodos de relaxación, métodos de presoterapia, métodos de respiración, aromaterapia e hixiene postural, adaptado a cada persoa segundo o día a día de cada alumno. O pilates combate a tensión, outorga maior capacidade de movemento, fortalece a musculatura, mellora a elasticidade, as costas e a columna vertebral, corrixe a postura, mellora o sistema cardio-respiratorio, fortalece os tendóns, mellora a concentración, equilibrio…