Nigrán ofrece o contacontos “A araña que lle tiña medo ás arañas”

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, ofrece este venres 27 de decembro ás 17:30 horas no Auditorio Municipal, o contacontos “A araña que lle tiña medo ás arañas”, da Editorial Xerais e cuxo autor é Ramón D. Veiga e o ilustrador o nigranés Iván R, quen estará presente. A actriz Antela Cid, tamén de Nigrán, axudaralles a contar esta divertida historia. Á sesión asistirá un Paxe Real para recoller as cartas dos nenos aos Reis Magos.