Concurso de debuxos de Nadal en Gondomar con toque solidario

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social e a Empresa SERVIANCAR AUTOS, teñen programado un concurso de debuxos relacionados co Nadal que leva por título “O adorno máis bonito”.

A idade máxima para participar é de 12 anos, o debuxo será a tamaño folio e no reverso do mesmo indicarase o nome e idade do/da neno/a.

O obxectivo deste concurso é que, ao facer entrega do debuxo, cada neno/a deberá achegar 1 quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados a Benestar Social do Concello para o reparto a familias en situación de emerxencia social.

A data de entrega é desdo o 11 de decembro ata o 3 de xaneiro nas oficinas de SERVIANCAR AUTOS en Gondomar. Todos os debuxos estarán expostos na cristaleira do local.

Os premios ao mellor debuxo consisten nunha bicicleta, un monopatín, un premio para nenos/as de ata 6 anos e un premio para nenos/as de entre 7 e 12 anos.

O xurado constará de 2 membros do Concello e un representante de SERVIANCAR AUTOS e a entrega dos premios será o día 5 de xaneiro nas súas instalacións.

Anuncios