De ruta cabalar polo Nadal

Xinetes de toda a comarca reuníronse este martes para celebrar o Nadal e despedir o ano que termina. O que comezou como unha saída de amigos converteuse en toda unha tradición que congrega cada 24 de decembro centos de participantes. A ruta cabalar finaliza en Panxón, onde a presenza dos centos de cabalos, as carretas e os xinetes chama a atención de veciños, visitantes e turistas que pasean ou se toman un refrixerio nos locais da zona antes de volver a casa para celebrar a Noiteboa en familia. Ademais, a Rondalla Santiago de Parada ofreceu un pasarrúas pola zona, partindo desde o porto pesqueiro e percorrendo o paseo marítimo.

Anuncios