O Club de Xadrez Laroca cumpre 25 anos

Este pasado fin de semana, coa colaboración do Concello de Nigrán e da Deputación de Pontevedra, o Club de Xadrez Laroca celebrou no Auditorio de Nigrán os seus 25 anos de existencia e para conmemoralo organizouse un festival de xadrez, comezando o venres 20 ás 19:00 horas cun torneo Blitz, a sete roldas a cinco minutos e un incremento de tres segundos por movemento, cunha participación de 25 participantes. Gañou o xogador local Constantino González cun pleno de vitorias, o segundo posto foi para o laroqueiro Francisco Rego con 5,5 puntos e o terceiro lugar foi para o xogador do Xadrez Mos Sergio Pérez con 5 puntos. O cuarto posto foi para José Manuel Álvarez Ben do Laroca con 5 puntos e o quinto para Mauro Sanromán, tamén laroqueiro, con 4,5 puntos.

O sábado ás 10:00 da mañá comezaba o torneo sub 1600, disputado a seis roldas cun tempo de 45 minutos e 15 segundos por movemento. Cunha participación de 23 xadrecistas proclamouse campión o xogador local Ricardo López con 5 puntos, en segundo lugar rematou o xogador do colexio portugués David Nuno Farias con 5 puntos, o terceiro posto foi para Sergio Pérez do Xadrez Mos con 4,5 puntos, o cuarto posto foi para Anxo Pazos do Xadrez Tui e o quinto posto para Manuel Domínguez do Xadrez Mos.

O domingo, unha vez rematado o torneo sub 1600 comezaba ás 16:00 horas o torneo de rápidas a sete roldas e a un ritmo de 10 minutos cun incremento de 5 segundos. Cunha participación de 50 xadrecistas proclamouse campión o xogador local Breixo Álvarez con 6,5 puntos, en segundo lugar rematou Xulio del Prado do Xadrez Tui, o terceiro posto foi para o laroqueiro Artai Bringas con 5 puntos, o cuarto posto foi para o laroqueiro Ricardo López con 5 puntos e o quinto posto para César Pérez do Liceo Ourense.

Os máis pequenos do club tamén desfrutaron desta xornada con torneo de iniciación e o dos promesas. No de iniciación proclamouse campión Anxo Platero, o segundo posto foi para Abril Álvarez e o terceiro para Héctor Machado, cuarto para Gabriel Méndez e o quinto para Mario Álvarez. No de promesas proclamouse campión Erik Roade, o segundo posto foi para Iago Vilas e o terceiro posto para Diego Martín, cuarto posto Diego Pazos e quinto lugar para Sara González.

O broche de ouro do torneo foi a homenaxe que recibiu na cerimonia de entrega de premios o fundador do club Carlos Carreira, que hai 25 anos el e un grupo de rapaces fundaron na cafetería que rexentaba nas galerías Paloma na Ramallosa e da cal tomou o nome o club.