Xuntanza cabalar e festa da paella en Vilas

A Comisión de Festas de María Auxiliadora de Vilas (Morgadáns-Gondomar) organiza o próximo 21 de setembro a súa I Xuntanza Cabalar, con saída ás 16:30 horas desde o Torreiro, e a I Festa da Paella, a partir das 20:00 horas. O menú da xuntanza, de 10 euros, inclúe paella, pan e sobremesa. Os que só desexen unha empanadilla e bebida deberán abonar 5 euros. A xornada estará amenizada por DJ Kani. Máis información da xuntanza no teléfono 603 43 08 60 (Nico) e da paella no 636 56 70 24 (Jose).

Anuncios