Sin categoría

Máis de 45 metros cadrados de Belén no salón dunha casa de Nigrán

O Nadal faise notar nunha casa de Nigrán cun gran Belén. De entre os moitos beléns que se poden visitar estes días na comarca do Val Miñor, chama a atención o da parroquia de San Pedro da Ramallosa, na Rúa do Gobernador. E non só polo seu tamaño, máis de 45 metros cadrados, e pola cantidade de elementos que incorpora, senón tamén porque os autores do nacemento son un matrimonio nigransense que dedica algo máis dun mes e moitas horas para dar forma ao Belén que levan instalando case dúas décadas no salón da súa casa.

“É algo que nos gusta desde sempre, e a tradición vén desde hai 24 anos”. A tradición comezou coa nai de Rosa, aínda que un Belén máis pequeno, e agora segue no feliz matrimonio nigranense, que cada ano faio máis grande. Rosa e Fernando montan o seu gran Belén aos poucos, desde principios de novembro, e ás veces, mesmo quedan ata as dúas da madrugada. Á parte de paredes de cortiza, serrín, madeira, mostra máis dun centenar de figuras, que algunhas utilizan pequenos motores extraídos de microondas e outros aparellos eléctricos reciclaxes para obter movemento.

O Belén permanecerá montado os meses de decembro e xaneiro. Cabe destacar que recibe 300 visitas cada ano, con entrada gratuíta, e todas aquelas persoas poden visitalo no número 17 da Rúa Gobernador, en Nigrán. “Trátase dunha tradición máis do Nadal de Nigrán e que o próximo ano cumprirá o seu 25 aniversario, unha familia que desmonta o salón da súa casa coa única ilusión de crear un espazo aberto a todo o mundo e onde gozar un pouco máis do Nadal”, declara o alcalde, Juan González.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.