Atopado o corpo sen vida dunha persoa no río Guillade de Sabarís

Esta mañá foi atopado sen vida o corpo dunha persoa no río Guillade en Barrio Caeiro, en Baiona. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a persoa, un veciño da parroquia de 49 anos de idade, caeu ao río coa moto na que circulaba e, posiblemente, afogouse. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 11:15 horas, a través dos efectivos do GES do Val Miñor. Indicaban no seu relato que acudiran, xunto coa Garda Civil e a Policía Local a rescatar o corpo. O corpo sen vida da persoa foi recuperado, concretamente, no Camiño da Serra, en Sabarís.