I Xuntanza Solidaria de Fútbol Sala Base en Gondomar

FOTO: PANXÓN NIGRÁN FS // Equipo benxamín.

O SD Abetos organiza esta fin de semana a I Xuntanza Solidaria de Fútbol Sala Base, no que participarán equipos das categorías benxamín e prebenxamín do Baíña, Abetos, Panxón, Beade, Amor de Dios, Campito e Cios Vigo. O evento desenvolverase o sábado 21 desde as 10:00 ata as 20:00 horas e o domingo 22 de 10:00 a 14:00 horas no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda de Gondomar, estando prevista a entrega de trofeos ás 13:30. Os participantes achegarán 1 ou 2 quilos de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos de Gondomar. Ademais haberá música, sorteos, trofeos e medallas.

Anuncios