O CEIP Humberto Juanes de Nigrán pon o cartel de completo na súa obra de teatro solidaria

O xoves 19 de decembro, ás 17:00 horas, tivo lugar no Auditorio do Concello de Nigrán, a obra de teatro “Por min e por tod@s os meus compañeir@s”. Os nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP Humberto Juanes quixeron recadar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas: ter unha vivenda digna, alimentación, ser atendidos cunha sanidade pública,… entre outros. Unhas pequenas formigas preguntábanse quen sería o máis forte e importante do mundo e chegan á conclusión que todos somos importantes e todos aportamos o noso grao de area. As titoras, Carmen Pose e Mónica, e as familias, amosáronse moi orgullosas do bo traballo e resultados amosados no escenario. Ademais xuntaron un bo donativo: 914,80 €.