Cinema de Nadal en Gondomar con “El Principito”

A Concellería de Cultura de Gondomar ofrece este venres 20 de decembro unha sesión de Cinema de Nadal no Auditorio Lois Tobío ás 18:00 horas, coa proxección da película de animación “El Principito”. Para que todo salga ben na prestixiosa Academia Werth, a pequena e a súa nai múdanse a unha casa nova. A pequena é moi seria e madura para a súa idade e planea estudar durante as vacacións seguindo un estrito programa organizado pola súa nai; pero os seus plans son perturbados por un veciño excéntrico e xeneroso. El ensínalle un mundo extraordinario onde todo é posible. Un mundo no que o Aviador se topou algunha vez co misterioso Principiño. Entón comeza a aventura da pequena no universo do Principiño. E así descobre novamente a súa infancia e comprenderá que só se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.

Anuncios