Concerto e Mercadiño Solidario de Nadal en Baiona

Awen e Atlantic ofrecerán este venres 20 de decembro un Concerto Solidario de Nadal en Baiona. Haberá un mercadiño solidario con postos das asociacións Encaixamos, Avelaíña e Baisenpulgas e un posto de troco do Concello, no que para poder levar algo haberá que deixar un alimento non perecedoiro. O evento, previsto inicialmente na Praza do Concello, celebrarase no Auditorio V Centenario a partir das 18:00 horas.