Baisenpulgas volve pedir axuda para pagar 9.000 € en veterinarios

Desde xaneiro ata novembro deste ano 2019, a protectora de animais Baisenpulgas leva recollidos 233 animais, dos cales 125 foron gatos e 108 cans. 13 animais foron devoltos ás súas familias e castráronse 37 gatos de colonia no Concello de Baiona polo método CES. Foron adoptados 168 animais, dos cales 75 eran gatos e 93 cans. Por desgraza algúns chegan en moi malas condicións e este ano enfrontáronse a 24 mortes.

O gasto anual por Concello foi de 5.769,10 € en Santa María de Oia, 20.066,72 € en Baiona, 7.361,93 € en Gondomar, 1.248,19 € en Nigrán e 26.287,57 € noutros municipios (Tomiño, A Guarda, O Rosal, Vigo). O gasto veterinario desde xaneiro ata novembro foi de 60.733,51 €. A día de hoxe, a protectora ten pendente de pago unha débeda de 9.000 € e tan só 922 € na conta. Os gastos xerais ascenden a un total de 66.640,09 €, sen contar a débeda que queda por pagar.

Desde Baisenpulgas aseguran que “neste Nadal necesitamos de todos vós, achegando un granito fanse montañas, axúdanos a seguir rescatando animais”. Todo aquel que queira colaborar pode facelo na conta ABANCA ES30 2080 5015 6130 4002 8917, indicando nome completo e DNI, ou a través de Teaming ou PayPal. Máis información no teléfono 645 181 585 ou nos correos protectora.baisenpulgas@gmail.com, Socios.baisenpulgas@gmail.com ou Apadrinar.baisenpulgas@gmail.com.

Anuncios