O patinador gondomareño Joel Ribeiro, convocado para as preseleccións 2020

A Real Federación Española de Patinaxe (RFEP) deu este venres a coñecer a listaxe de deportistas convocados para as preseleccións 2020 e un total de cinco galegos forman parte deste selecto grupo.

En categoría cadete, foi convocada a patinadora Soraya Santos Gil (CP Maxia) e Lucas Yáñez Pérez (CP Oleiros) na categoría xuvenil, mentres que no grupo de promoción infantil-alevín foron seleccionados Unai Cereijo García (CP Maxia) e Joel Ribeiro Díaz (CPA Gondomar) en individual masculino e Olivia Rey Pérez (CP Oleiros), en individual feminino.

O grupo de promoción foi creado para levar a cabo un seguimento dos patinadores máis novos, para que estes sexan introducidos de forma progresiva na estrutura xeral das preseleccións con vistas ao seu futuro deportivo.

Dende a Federación Galega de Patinaxe felicitan aos patinadores e patinadoras galegos por esta chamada e anímaos a seguir traballando.