Falece aos 104 anos a nigranesa Carmen Rivera Figueroa

Carmen Rivera Figueroa faleceu este sábado aos 104 anos de idade. Esta veciña do Barrio da Rotea, na parroquia nigranesa de Camos, podía presumir de ser a máis lonxeva do municipio. Os seus restos mortais sairán este domingo día 15 de decembro ás 15:45 horas desde o Tanatorio do Miñor con destino á Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Camos, en Nigrán, onde se celebrará a Liturxia da Palabra. A continuación procederase á súa inhumación no cemiterio parroquial. O martes, día 17, celebraranse os funerais ás 17:00 horas na Igrexa Parroquia de Santa Eulalia de Camos. Carmen foi unha muller de campo e moi devota de San Roque. Precisamente nas festas do patrón de Camos foi onde coñeceu ao seu marido, xa falecido hai 36 anos, co que tivo dous fillos. Tamén foi unha gran ama de casa, moi traballadora e loitadora.

Anuncios