A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros ofrece unha fin de semana de teatro coa representación de tres obras. O venres 13 de decembro ás 21:30 horas o Grupo de Teatro A Moura de Chaín presentará “A Revirada”. O sábado 14 será a quenda da compañía A Xesta Vermella de Borreiros, coa obra “As aparencias enganan”, a partir das 20:00 horas. O domingo 15 ás 18:00 horas, o Grupo de Teatro Escoitade de Valladares pechará a fin de semana dedicada ao teatro con “Un hotel de primeira sobre o río”.
IV Fin de semana de teatro no Centro Cultural de Borreiros

