Certame de Corais de Nadal en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Coral do Centro Cultural "A Merced" de Chaín.

Este sábado 14 de decembro a Concellería de Cultura de Gondomar organiza o Certame de Corais de Nadal, que comezará ás 19:30 horas no Auditorio Lois Tobío. As catro corais de Gondomar interpretarán un repertorio de música do Nadal. Participará o Coro San Vicente de Mañufe, recuperado recentemente, a Coral Polifónica A Merced de Chaín, a Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas e a Coral Polifónica Agrupación Musical de Vincios. Gondomar conta cunha tradición moi arraigada de músicas polifónicas, chegando a ter ata dez corais diferentes convivindo en todo o territorio.