4º Certame de Corais no Centro Cultural de Mañufe

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Coro San Vicente de Mañufe.

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza este domingo 15 de decembro, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, o seu 4º Certame de Corais, que comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural de Mañufe. Actuarán a Coral Novos Aires de Nigrán, o Coro Voces Graves de Vigo, a Coral Allegro de Vigo e o Coro San Vicente de Mañufe de Gondomar.

Anuncios