Sin categoría

O PP de Nigrán convida a afiliados e simpatizantes a un viño de Nadal

Mañá, venres 13 decembro ás 20:00 horas, o Partido Popular de Nigrán ofrecerá a afiliados e simpatizantes un viño español para celebrar o Nadal. O acto, que terá lugar en Sur47Eventos, Rúa do Castelo, 11 – Parada, contará coa presenza de destacadas personalidades do Partido como Alfonso Rueda, Presidente Provincial e Vicepresidente da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña, Coordinador do Val Miñor e conselleiro de Sanidade, Javier Guerra, Senador, Diego Gago, Presidente de Novas Xeracións e Deputado, Javier Bas, Deputado, xunto con outros cargos e compañeiros do PP. Animan a todos os afiliados e simpatizantes a acudir para brindar por un Bo nadal e un Próspero Ano 2020.