Gondomar forma ás novas xeracións para loitar contra a violencia de xénero

O alumnado de 2º de ESO do IES Auga da Laxe e do IES Terra de Turonio participou este mércores nun encontro-debate sobre a violencia de xénero, organizado pola Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro. O goberno local de Gondomar, encabezado por Paco Ferreira, aposta firmemente pola igualdade como medio para loitar na erradicación da violencia de xénero, “e nese obxectivo a formación das novas xeracións é fundamental”, sinala o rexedor. Por iso, e como concello integrado na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, desenvolve actividades pensadas nos máis novos, como a deste mércores, “na que se busca xerar debate e opinión ante unha realidade que deben identificar para rexeitala, para denunciala”, conclúe Ferreira.

2019-12-11 - 79358340_2407521889510359_440584698775732224_o