Faladoiro sobre pensións en Baiona

O Movemento en Defensa das Pensións Públicas do Val Miñor organiza este mércores, día 11 de decembro, un faladoiro para presentar o boletín que van difundir en breve. O acto será ás 20:00 horas no Auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona (no Mercado Municipal).