Andaina e obradoiro sobre o patrimonio de Chandebrito

A Mancomunidade de Montes en Man Común de Chandebrito e Árbore Arqueoloxía Sociedade Cooperativa Galega organizan este domingo 30 de decembro ás 11:00 da mañá unha andaina e un obradoiro sobre o patrimonio da parroquia. A saída será desde a oficina da Comunidade de Montes, cunha duración aproximada de 2 horas. Trátase dunha actividade completamente gratuíta.

Anuncios