Unha muller resulta ferida tras unha saída de vía en Belesar

Unha saída de vía saldouse cunha muller ferida esta mañá en Baiona. O sinistro produciuse ás 8:44 no lugar de Urgal, na parroquia de Belesar. A condutora mesmo tivo dificultades para abandonar o vehículo debido á presión que exercía o airbag. Así, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Baixo Miño e o GES de Val Miñor, aínda que os profesionais sanitarios lograron acceder á ferida sen a necesidade de empregar o equipo de excarceración.

Anuncios