Sin categoría

III Ciclo de Concertos de Nadal na Igrexa de Sabarís

A Asociación Cultural ValVal de Sabarís organiza, contando coa inestimable axuda da Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, o III Ciclo de Concertos de Nadal na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa. Os sábados 7, 14 e 21 de decembro ás 19:45 horas no templo parroquial, actuarán respectivamente o Coro Ecos do Castelo de Parada, o dúo de cámara da Unión Musical de Valladares acompañados da soprano Indra Santi e I Bimbi Appassionati de Vigo.