Os veciños de Piñeiro en Peitieiros solicitan información sobre as obras na contorna do Peto de Ánimas

Os veciños do barrio de Piñeiro na parroquia de Peitieiros, nunha xuntanza que tiveron cos concelleiros do Partido Popular de Gondomar, Paula Bouzós e Julio Fernández, ante a falta de información sobre as actuacións previstas no barrio, piden ao goberno de Gondomar que se lles informe sobre as obras que se están acometendo na contorna do Peto de Ánimas do seu barrio.

Os veciños quéixanse que antes das eleccións un familiar dun concelleiro do actual equipo de goberno xuntou os veciños para informalos das obras que se ían facer na contorna e que nada teñen que ver co que agora se está facendo. “Chegaron aquí dous obreiros con maquinaria e comezaron a escavar sen informarnos e atopámonos de súpeto que case non podíamos saír da casa”, queixábase un veciño. Non saben como se vai facer o desaugue da zona, nin tampouco está previsto o saneamento do Olleiro de Barreiros que nestes intres atópase en mal estado de conservación e cheo de escombros vertidos no mesmo tras cada limpeza dos marxes do camiño, e que de non darlle saída ao auga que emane do mesmo traerá problemas nun futuro próximo.

Na mesma reunión a pé de obra, denunciaron a case inexistente sinalización dos obstáculos durante a fin de semana e nas horas nas que non están traballando os operarios, e que pode carrexar algún desgusto a calquera transeúnte da zona, ben sexa a pe como en coche.

“Unha vez máis o goberno municipal volve a facer as cousas as presas e sen previsión algunha. Os veciños non deben padecer as carencias dos nosos gobernantes, e menos agora con sete concelleiros con dedicación”, argumenta a voceira do PP gondomareño Paula Bouzós.

Anuncios