Máis de 900 rapaces de 15 colexios participaron en Baiona no Provincial de Campo a Través

Este mércores celebrouse na Praia da Ladeira de Baiona o Campionato Provincial de Cros que xestiona a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia dentro do programa Xogade. O desenvolvemento da proba estivo baixo a responsabilidade do Servizo Provincial de Deportes, a Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor e o Concello de Baiona. Participaron máis de 15 colexios nun fermoso día, que encheron o circuíto da Praia Ladeira de Baiona con máis de 900 rapaces repartidos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, que deron cor a unha mañá soleada.

Anuncios