A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa no litoral de Pontevedra

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ondas no Rompeolas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Pontevedra a partir desta medianoite.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta medianoite espérase temporal costeiro que afectará ao litoral das provincias de A Coruña e as Rías Baixas na provincia de Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.