A Asociación A Camoesa do Centro Cultural de Camos celebra este fin de semana a súa Semana Cultural, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra. A programación comezará este venres 29 de novembro con cine infantil ás 18:30 horas e teatro ás 20:00 horas. O grupo Teatro do Ar representará a obra “Distintas compañías”. O sábado 30 haberá maxia co Mago Luca ás 18:00 horas, e as actuacións das Pandereteiras As Camoesas ás 19:00 horas e de Off Room Trío ás 20:00 horas. Finalmente, o domingo 1 de decembro, Tropa do Trapo ofrecerá a obra de teatro infantil “Os 4 monos”, para pechar logo a fin de semana cultural cunha chocolatada ás 19:00 horas.
Semana Cultural en Camos con cine, teatro, maxia e música

