O Cineclub Alice Guy-Val Miñor ofrece este xoves “Una Giornatta Particolare”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor Alice Guy, dentro da programación especial do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, ofrecen este xoves ás 20:30 no Auditorio Municipal a película italiana “Una Giornatta Particolare” (1977) en versión orixinal subtitulada. Trátase dunha longametraxe do director Etore Scola cun elenco de actores composto por Sophia Loren, Marcello Mastroianni, John Vernon, Françoise Berd, Patrizia Basso, Nicole Magny.

Sinopse: 6 de maio de 1938. Roma prepárase para a chegada de Adolf Hitler, en visita oficial a Mussolini. Esta atmosfera opresora síntese en todos o recunchos da cidade. Nun pequeno piso, Antonietta, unha fermosa muller angustiada por varios embarazos, está a esperar o regreso do seu home, un fascista fanático que presenza a visita histórica do Führer. O destino de Antonietta cruzarase co do seu veciño, Gabriele, un locutor de radio, que foi despedido por homosexual. É o punto de partida dunha xornada particular… Chea de emocións e confidencias.