Festas de San Andrés en Mañufe coas orquestras Xacobeo e Marbella

O barrio de Nande, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra esta fin de semana as festas na honra de San Andrés. O venres 29 de novembro a partir das 18:00 horas fará un percorrido polo barrio o grupo “Airiños Novos de Pinzás”. Pola noite, a partir das 21:00 horas, gran verbena coa orquestra Xacobeo e o trío Mar de Arousa.

O sábado 30 ás 10:30 da mañá fará a súa entrada en Gondomar a banda Unión Musical do Val Miñor. Ás 12:30 comezará a Misa Solemne con Sermón seguida de procesión acompañada pola mesma banda, que ademais ofrecerá un concerto ao finalizar. Pola noite, ás 21:00 horas, gran verbena a cargo da orquestra Marbella e o grupo Aramio.

O domingo 1 de decembro a partir das 17:30 horas actuarán os grupos folclóricos Os Romanteleiros de Mañufe, Ecos e Agarimos de Peitieiros, Son Galego Treboada de Donas, Castro da Pedra Moura de Donas, Airiños Novos de Pinzás e Treboada de Pinzás. Ao finalizar haberá degustación de castañas asadas e chocolate con rosquillas.

O recinto estará cuberto cunha gran carpa.