Castro e Ladeira ofrece un espectáculo de narración oral en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira ofrece este sábado, 30 de novembro, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar no salón de actos do CEP de Sabarís ás 19:00 horas. “Coa porta aberta” está baseado na narración oral tradicional. Sonsoles Cordón e Begoña Míguez teatralizan esta historia que ademais de entreter, axuda a desenvolver unha educación alternativa para peques e non tan peques… Un espectáculo divertido e moi ben interpretado por estas dúas actrices, formadas na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.