Prata para o gondomareño Rubén Rodríguez no XVI Trofeo Cidade de Narón

O gondomareño Rubén Rodríguez fíxose cunha medalla de prata no XVI Trofeo Cidade de Narón de tiro con arco. O seteiro do Archers Team finalizou en segunda posición na categoría sénior, entre dous tiradores incribles, o primeiro Alberto Bázquez Arbones, do club madrileño Arqueros de Rubi, que xa deu varias veces a volta ao mundo participando en series mundiais, e o terceiro Xaquín Mira, do club Silexun, un crack a nivel nacional.

O torneo, organizado polo Club Arco Narón no Pavillón Campo da Serra e incluído no Calendario Oficial da Federación Galega de Tiro con Arco (FGTA), foi designado como proba puntuable para o Ranking Galego e para a confección do equipo de Galicia nos próximos Campionatos de España da especialidade.