Arde por completo un alpendre en Gondomar

Un incendio arrasa por completo un alpendre en Gondomar no que gardaban vehículos, maquinaria e diversos obxectos. Por fortuna, ninguén resultou afectado polo lume, no que os servizos de emerxencias empregaron dúas horas ata a total extinción do incendio.

Todo comezou ás 5:30 horas de hoxe, cando o 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares que solicitan axuda por mor dun incendio nun alpendre no lugar da Torre, en Chaín. Así, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño, así como aos membros do GES de Val Miñor para atallar as lapas que devoraban un galpón cheo de leña, maquinaria e vehículos.

Afortunadamente, ninguén resultou ferido, malia que o galpón estaba situado a carón dunha casa. Pola súa banda, os equipos de salvamento e extinción de incendios traballaron durante algo máis de dúas horas para rematar cun lume que causou danos materiais e estruturais no galpón.

Anuncios