Nigrán organiza este sábado unha andaina e recollida de cogomelos en Camos

O Concello de Nigrán organiza este sábado 23 unha andaina de recollida de cogomelos en Camos que poñerá fin á programación cultural de outono para iniciar a continuación a de Nadal. Os interesados en participar deben presentarse ás 12:00 horas no parque das antigas escolas infantís de Balinfra (Camos), dende onde partirá a andaina micolóxica, que ten prevista unha duración aproximada de dúas horas e que contará cun guía educador ambiental. A recollida só se suspenderá en caso de fortes choivas, do contrario realizarase igualmente, por elo se recomenda levar roupa e calzado axeitado. Os asistentes será orientados na busca e identificación de cogomelos, recibirán consellos para a súa recollida e información sobre a súa importancia para os ecosistemas.

Anuncios