Últimos días para reclamar polas interferencias do 4G na TDT de Baiona

Dende a entidade Llega800 comunican que o servizo de telefonía móbil de 4ª xeración (4G na banda de 800 MHz), pode producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en marcha no servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade Llega800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para toda a cidadanía afectada.

Desde a Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona informan que o 30-11-2019, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polas estaciones base de telefonía 4G.

Recordan que a veciñanza afectada terá que comunicarse no teléfono gratuíto 900 833 999.