Xornadas de portas abertas no Baíña FS

O Baíña Fútbol Sala abre as portas dos seus adestramentos para todos os nenos e maiores que desexen probar nos seus equipos. Durante o mes de maio nos horarios habituais de adestramento poderán probar todos os nenos e maiores que desexen participar neste apaixonante deporte.

O Baíña conta con adestradores titulados e monitores para todas as súas categorías, os seus equipos compiten en ligas da Real Federación e o primeiro equipo do club está xa na liga Preferente.

O equipo dos máis pequenos está composto por nenos e nenas de 4 e 5 anos, e a continuación búscanse xogadores para todas as categorías, especialmente xuvenil e sénior. Todos os interesados poden chamar ao 644 860 260 ou solicitar máis información no correo baifutsal@gmail.com.

Anuncios